e-mail

enderezo electrónico identidadetradizon@yahoo.es





lunes, 4 de octubre de 2010

A destrucción sistemática dos Megalitos en Galiza

Fai xá uns 6 anos que desde o anterior governo bipartito da Xunta, prometeu-se a criazón dun parque do megalitismo galego. Algo necesário - pensa un-  para a conservación do noso património. Mais semella que esas "pedras vellas", que a nosa cultura ancestral non serve para nada aos ollos dos políticos. E de facto, así é pois a día de hoxe a mellora no entorno desas 14 antas e mámoas elexidas non fructificou.
É mágoa e signo de ignorancia supina a dos políticos encarregados de conservar ese legado cultural megalítico na Galiza, pois deverían saber que dentro do Arco atlántico o noso megalitismo é dunha densidade impresionante e ainda máis na Costa da Morte que é obxeto de estudo polos arqueólogos especializados nesa época pre-histórica.
Lá polo mes de Maio podíamos ler a seguinte nova na prensa:
El Concello de A Laracha ha presentado una alegación al plan sectorial del Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte para que se incluya el menhir de Erboedo, que es el único que hay en la zona y uno de los pocos de Galicia, y las tres mámoas del Forno dos Mouros, en Silvoso-Soandres.
En principio, el parque estará formado por 14 yacimientos que se encuentran en los municipios de Carballo, Laxe, Malpica, Cabana, Mazaricos, Vimianzo y Zas. Además, Dumbría comparte con la parroquia vimiancesa de Baíñas la Pedra da Arca, cuya localización ha sido motivo de otra alegación.
El alcalde de A Laracha considera que tanto el menhir de Erboedo como los túmulos de Silvoso deben ser incluidos en el parque. Es posible de estas propuestas prosperen, puesto que el plan está abierto a nuevas incorporaciones.

Mais as cousas non prosperan como deverían, pois recentemente tiñamos a nova da destrucción dun dolmen , un"forno de mouros". O podemos  ler en http://ocortellodalaracha.blogaliza.org/ 
Incrível pero certo, a un dolmen meteron-lle unha prantación de eucapliptus acima... Un atentado máis ao noso patrimonio que seguramente ficará impune, pois é sabido que a Xustiza de hoxe non existe, nin está nin se lle agarda. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario