e-mail

enderezo electrónico identidadetradizon@yahoo.es





miércoles, 9 de noviembre de 2011

Recuperada unha "curiosa" poesía en alemán de Vicente Risco e Otero Pedrayo


É noticia estos días a recuperación dun poema manuscrito en alemán, da autoría conxunta de Vicente Risco e Otero Pedrayo.O orixinal consérvase en perfecto estado pois trátase dunha carta dirixida a Isidro Parga Pondal, ilustre xeólogo e literato galego, que hoxe recala no arquivo do Instituto homónimo, polo que tamén dispoñemos do sobre orixinal asi como un borrador do puño e letra de Vicente Risco e Ramón Otero Pedrayo cando contaban con 51 e 48 anos, respectivamente, o que multiplica o valor do achádego.  Esta poesía inédita e en alemán dos ilustres autores galegos Ramón Otero Pedrayo e Vicente Risco, foi escrita durante unha excursión polo Monte Pindo feita co mítico Seminario de Estudos Galegos no mes de xuño de 1936. 
A interpretación sobre à referencia ao marxismo, desde os cumios sagrados do monte Pindo, da mán de dous intelectuais recoñecidos como anti-marxistas, xá afastados do Partido Galeguista e vencellados à Dereita Galeguista, serán presa para os manipuladores do galeguismo histórico.  

ORIXINAL EN ALEMÁN
TRADUCIÓN AO GALEGO
Auf diesem Berg, des Himmels Nachbar
Wo Professor Parga-Pondal
Wie die Walkirien rollt und sang,
die härte Zähnen des Granits
bissen den Körper hungerlich
und nur die Seele frei nud lebend
wie Schmetterling tauzt und fliegt.
Ju ferne der Ozean allein,
in Himmel nur die Wolken wandern
Wenn ins Gehirn der Marxismus lebt
und das Zukunft derc Meuschheit webt,
Aber wenn Nacht unf Gestirne singen
Must der Marxismus auch verschwinden.

(Atención: pode conter erros de transcrición)
Aqui estamos, sobre estes altos cumes, veciños do Ceo
onde o Profesor Parga Pondal
como as Walkirias corre e canta
Mentres, os duros dentes do granito morden,
famentos, os nosos corpos,
deixando só ceibe e viva a alma
que danza e voa cal Bolboreta.
Na lonxanía a soidade do océano,
as nubes viaxeiras, cruzando o ceo.
No noso cerebro o Marxismo aniña,
tecendo o futuro da Humanidade.
Mais en chegando a noite, co canto das estrelas,
ata o Marxismo ten de acougar co solpor.
Orixinal de Vicente Risco e Otero Pedrayo, escrito nos Montes do Pindo en xuño de 1936. Tradución ao galego polo profesor X.R. Vidal Romaní en 1984.

1 comentario:

  1. Nacionalbolchevismo Galego? Coido que isto podreino explicalo, no futuro proximo.

    ResponderEliminar