e-mail

enderezo electrónico identidadetradizon@yahoo.es





lunes, 29 de noviembre de 2010

HISTÓRICO RESULTADO DO PARTIDO IDENTITARIO CATALÁN: MÁIS DE 75.000 CATALÁNS CONFIAN NA PLATAFORMA PER CATALUNYA

A pesar do inexpugnável cerco mediático e da apropiación da súa mensaxe eleitoral por outra forza política, o partido identitario Plataforma per Catalunya liderado por Josep Anglada  conqueriu un importantísimo avance eleitoral colleitando arredor de 75.300 votos (2,42%) ,  penetrando eleitoralmente  en todos os rincóns de Cataluña-obtendo un 4% na demarcación de Barcelona e superando a partidos parlamentarios como ERC, CS o SI en importantes povoacións- e consolidándose como  partido identitario de referencia  con posibilidades de manter unha acción política real.
A formación identitaria , que en 3 anos sextuplicou os seus votos, ficou as portas de entrar no Parlament a só seis décimas de conquerir representación eleitoral- En Tarragona ficou a 400 votos do escano-, e a pesar de que cando aínda non se tiña escrutado o 40% dos votos, chegou a contar virtualmente con 3 escanos, cadeiras que perdéronse no beneficio de duas formacións con moitísimo máis apoio e pulos mediáticos, o que dá ideia do apoio recibido  nalgúns lugares da xeografía catalana. É significativo apontar que PxC é o partido non parlamentar có maior número de votos, duplicando os conqueridos polo seguinte partido máis votado. Cós apoios conqueridos, PxC podería obter para as vindeiras eleccións municipais representación na maioría das localidades importantes de Cataluña e chegar doadamente à centena de concellais.
Durante toda a noite eleitoral,  podeuse ver, en virtude ás significativas porcentaxes obtidas na maioría das povoacións catalanas, as siglas de PxC aparescendo en todos os meíos televisivos devido a que  en numerosos lugares sobrepasaban o 5%, siglas, por certo, que tíñan silenciado totalmente os mesmos meíos ao longo de toda a campaña eleitoral.
Trata-se do maior éxito conquerido até o momento por parte dun partido identitario en España, a enorme distancia dos apoios conqueridos por calquera outra formación destas características. Unha forte irrupción identitaria na política deste país que abre as portas à esperanza e a novas posibilidades de cara a vindeiros comicios.´

Resultados Plataforma per Catalunya


                                                 2010                                                           2006






CandidaturesVotsDiputatsDiputatsVotsCandidatures
Color de CiUCiU1.198.01038,47% 62 48935.75631,52% Color de CiU
Color de PSC-PSOEPSC-PSOE570.36118,32% 28 37796.17326,82% Color de PSC-CpC
Color de P.P.P.P.384.01912,33% 18 14316.22210,65% Color de PP
Color d'ICV-EUiAICV-EUiA229.9857,39% 10 12282.6939,52% Color d'ICV-EUiA
Color d'ERC/ESQUERRAERC/ESQUERRA218.0467,00% 10 21416.35514,03% Color d'ERC
Color de SISI102.1973,28% 4
Color de C'sC's105.8273,40% 3 389.8403,03% Color de C's
PxC75.3212,42%

No hay comentarios:

Publicar un comentario